jueves, 29 de mayo de 2014

Charla de DOAZÓN impartida os alumnos da ESO

Video realizado polas alumnas de Saúde Ambiental onde se resume a Charla que lles impartiron os alumnos de 2º da ESO do IES Monte Castelo, para concienciar ós alumnos da importancia da doazón de órganos, e fomentar o diálogo sobre este tema coa familia. Poñentes: Eva e Úrsula Secretaria: Noemí Poñentes secundarios: Cristina Técnica: Nerea Coordinadora: Sara

miércoles, 14 de mayo de 2014

Nunha colaboración entre os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía executaronse cos alumnos de 3º ESO uns órganos con plásticos e materiais diversos.
O resultado foron uns pulmóns e corazóns, donde os alumnos tiveron que estudialos para elaboralos con estes materiais e tamén ver o funcionamento para explicalo posteriormente ó resto do grupo.

CORAZÓN




PULMÓN

miércoles, 26 de marzo de 2014

Fotografias da Charla impartida por as alumnas de 2º do Ciclo de Saúde Ambiental

En primer lugar as 6 alumnas que se encargaron desta actividade e fotos do alumnado que asistiu e participou de 2º de ESO A e 2º de ESO B

miércoles, 19 de marzo de 2014

RECORTES DE PRENSA

Durante o curso nas clases de galego a profesora e os alumn@s de 3ºESO, recopilaron material publicado sobre doazón e os trasplantes. Deles destacamos o especial de " El Pais" do día 16 de marzo de 2014 sobre o record mundial de transplantes nun día.




jueves, 13 de marzo de 2014

Despois do transplante volve ........ A VIDA

)
Visita ao colexio de vista alegre O 14/02/2014 fomos de visita ao colexio de primaria Vista Alegre a una cita concertada con Cristobal Edrosa o coordinador do ciclo de primaria para informarlle da campaña de doazón que estamos levando a cabo as alumnas de 2º de saude ambiental e informarlle sobre o concurso de dibuxo e lema de doazón de órganos do sergas para que participen os alumnos de 5º e 6º de primaria. Levámoslle a carpeta cos recursos educativos para primaria elaborada polo Sergas sobre a doazón para que tivesen toda a información posible sobre o tema que tamén se atopa na páxina do sergas do cal tamén lles informamos .

miércoles, 12 de marzo de 2014

RESUMO DOS ALUMNOS DA CHARLA SOBRE DOAZÓN

Con motivo do día internacional de doantes de órganos viñeron ó centro os amigos do centro de doazón de Galicia.
Eles contáronnos moitas cousas interesantes e as conclusións que  algún dos alumnos sacou foi a seguinte:

POR ANTONIO MARRUBE 3º ESO A
Cada ano morren centos de personas esperando un transplante. Por iso é necesario doar.
Só un 1 % de todas as persoas que morren son aptas para doar. Para poder ser doante tes que sufrir morte cerebral, significa que o cerebro non recibe suficiente sangue e osíxeno e por iso morre. Unha vez se lle diagnostica morte cerebral o paciente a oficina de coordinación e transplantes ponse en contacto coa familia da vítima, que é a que permite se lle transplanten os órganos a outras personas. En caso de que a familia se opoña, non se poderán transplantar os órganos da vítima aínda que esta sexa donante.
Unha vez que a familia o permita, a oficina de coordinacións e transplantes ponse en contacto coas personas máis próximas que necesiten un transplante, durante ese periodo os órganos podense manter vivos para evitar a súa degradación e que cheguen nas mellores condicións posibles ó paciente.
Os órganos son transportados ata os pacientes o máis rápido posible. Unha vez a persoa é transplantada, ten que tomar inmunodepresores unha medicación que inhibe os anticorpos do noso organismo, para evitar que ataquen o órgano, o recoñecelo como extraño.
Tamén se pode ser doante en vida, pero as doazóns son mais limitadas, xa que o doente precisa unha serie de órganos vitais.
Pódense doar os órganos que non sexa únicos coma un ril ou un pulmón.
A planificación e eficacia do sistema español de doazón e transplante fano o mellor do mundo, xa copiado noutros países.

jueves, 6 de marzo de 2014

Nerea e Cristina de 2º curso de Saúde Ambiental acuden a Radio Burela para facer difusión da campaña sobre Doazón de órganos que se está a realizar no IES Monte Castelo: http://www.ustream.tv/recorded/44578301

martes, 4 de marzo de 2014

CAMPAÑA DE DOAZÓN IES MONTE CASTELO / IES PERDOURO Santiago, 3 de Marzo.- O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) quere amosar o seu recoñecemento ós alumnos e profesores do IES MONTE CASTELO e do IES PERDOURO que acudiron a doar sangue ata a unidade móbil do CTG. Ó longo da xornada rexistráronse 35 doazóns de sangue efectivas,das que 21 foron doadores de primeira vez. A este amplio resultado hai que engadir as persoas que participaron e foron excluidas puntualmente por cuestións médicas. O Centro de Transfusión de Galicia agradece ós equipos directivos as facilidades no desenvolvemento da campaña, agradecemento que fai extensivo a alumnos e docentes Gracias á vosa solidaridade será posible realizar, 10 intervencións cirúrxicas , 1 transplante hepático, e obterse plasma utilizable en tratamentos de grandes queimados ou enfermidades crónicas. GRACIAS A TODOS NO NOME DOS ENFERMOS QUE RECIBIRON O VOSO SANGUE.

martes, 25 de febrero de 2014

CARTEL GANADOR NO CONCURSO DE SALVAVIDAS

Por fin xa temos gañador do concurso de carteles:

Da alumna de Bacharelato Codes



E por suposto todos os carteles que se presentaron..


Pronto o engadiremos como logo no noso blog.
Noraboa!!



jueves, 20 de febrero de 2014

ERES PERFECTO PARA OTROS


CHARLA SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTES

O día 18 de Febreiro ven o noso Centro a experta da Oficina de Coordinación de transplantes de Galicia, Marta Alvarez Vázquez que nos falará sobre Doazón e transplantes os alumnos do programa Salvavidas, 3º de ESO, 4º de ESO, 1º de BAC e o alumnado de 2º curso do ciclo de Saúde ambiental.



miércoles, 19 de febrero de 2014

TARXETA DE DONANTE


Se queres facerte coa tarxeta de donante fai click aquí.

SISTEMA DE DONACIÓN ESPAÑOL


Rafael Matesanz, director de la Organización Nacional de trasplantes :


El sistema de donaciones español es un sistema que funciona y que ofrece a todos los enfermos las mismas posibilidades de encontrar donante. La Organización Nacional de Transplantes acudirá al Parlamento de Alemania para explica cómo funciona el sistema nacional de transplantes, considerado uno de los mejores del mundo. En el país germano, su sistema de transplantes se ha visto envuelto en un escándalo al detectarse varios casos de médicos que, a cambio de una cantidad económica,adelantaban a pacientes en las listas de espera. 

lunes, 17 de febrero de 2014

IV Concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes



Enlace o triptico coa información:


Corto sobre donación de órganos: Por siempre

Podacst de la cadena ser: La donación de Medula ósea

Hablamos con Rafael Matesanz, director de la Organización Nacional de Transplantes, sobre el llamamiento de la ONT para acabar con las peticiones de donación de médula a través de las redes sociales.

ENQUISA


As alumnas de 2º de CSSA realizaron unha enquisa os alumnos de 2º da ESO, como medida de preparación da charla educativa sobre Doazón que teñen previsto impartirlles os días 6 e 7 de Marzo.





miércoles, 29 de enero de 2014

CONCURSO DE CARTEIS E LOGOS

No Programa SALVAVIDAS do Plan Proxecta, participa alumnado de 3º de ESO, de 4º de ESO, de 1º de BAC e o alumnado de 2º curso do ciclo de Saúde ambiental. O alumnado de Saúde ambiental realiza todos os anos unha campaña educativa de Promoción da Saúde enfocada para os alumnos de 2º da ESO, que este curso está dedicada a motivalos e conciencialos da importancia da DOAZÓN DE ÓRGANOS, fomentando a educación de ser doador altruista de organos e texidos. Para traballar na preparación desta campaña crearon un blog: ENLACE ,no que pretenden ir recopilando noticias, audios, clips de video e outro material que lles sirva de axuda na preparación desta campaña, na que tamen colabora o alumnado do Bacharelato de Artes confecionando os carteis informativos da Charla-Exposición que terá lugar o día 6 e 7 de Marzo de 2014.