miércoles, 26 de marzo de 2014

Fotografias da Charla impartida por as alumnas de 2º do Ciclo de Saúde Ambiental

En primer lugar as 6 alumnas que se encargaron desta actividade e fotos do alumnado que asistiu e participou de 2º de ESO A e 2º de ESO B

miércoles, 19 de marzo de 2014

RECORTES DE PRENSA

Durante o curso nas clases de galego a profesora e os alumn@s de 3ºESO, recopilaron material publicado sobre doazón e os trasplantes. Deles destacamos o especial de " El Pais" do día 16 de marzo de 2014 sobre o record mundial de transplantes nun día.




jueves, 13 de marzo de 2014

Despois do transplante volve ........ A VIDA

)
Visita ao colexio de vista alegre O 14/02/2014 fomos de visita ao colexio de primaria Vista Alegre a una cita concertada con Cristobal Edrosa o coordinador do ciclo de primaria para informarlle da campaña de doazón que estamos levando a cabo as alumnas de 2º de saude ambiental e informarlle sobre o concurso de dibuxo e lema de doazón de órganos do sergas para que participen os alumnos de 5º e 6º de primaria. Levámoslle a carpeta cos recursos educativos para primaria elaborada polo Sergas sobre a doazón para que tivesen toda a información posible sobre o tema que tamén se atopa na páxina do sergas do cal tamén lles informamos .

miércoles, 12 de marzo de 2014

RESUMO DOS ALUMNOS DA CHARLA SOBRE DOAZÓN

Con motivo do día internacional de doantes de órganos viñeron ó centro os amigos do centro de doazón de Galicia.
Eles contáronnos moitas cousas interesantes e as conclusións que  algún dos alumnos sacou foi a seguinte:

POR ANTONIO MARRUBE 3º ESO A
Cada ano morren centos de personas esperando un transplante. Por iso é necesario doar.
Só un 1 % de todas as persoas que morren son aptas para doar. Para poder ser doante tes que sufrir morte cerebral, significa que o cerebro non recibe suficiente sangue e osíxeno e por iso morre. Unha vez se lle diagnostica morte cerebral o paciente a oficina de coordinación e transplantes ponse en contacto coa familia da vítima, que é a que permite se lle transplanten os órganos a outras personas. En caso de que a familia se opoña, non se poderán transplantar os órganos da vítima aínda que esta sexa donante.
Unha vez que a familia o permita, a oficina de coordinacións e transplantes ponse en contacto coas personas máis próximas que necesiten un transplante, durante ese periodo os órganos podense manter vivos para evitar a súa degradación e que cheguen nas mellores condicións posibles ó paciente.
Os órganos son transportados ata os pacientes o máis rápido posible. Unha vez a persoa é transplantada, ten que tomar inmunodepresores unha medicación que inhibe os anticorpos do noso organismo, para evitar que ataquen o órgano, o recoñecelo como extraño.
Tamén se pode ser doante en vida, pero as doazóns son mais limitadas, xa que o doente precisa unha serie de órganos vitais.
Pódense doar os órganos que non sexa únicos coma un ril ou un pulmón.
A planificación e eficacia do sistema español de doazón e transplante fano o mellor do mundo, xa copiado noutros países.

jueves, 6 de marzo de 2014

Nerea e Cristina de 2º curso de Saúde Ambiental acuden a Radio Burela para facer difusión da campaña sobre Doazón de órganos que se está a realizar no IES Monte Castelo: http://www.ustream.tv/recorded/44578301

martes, 4 de marzo de 2014

CAMPAÑA DE DOAZÓN IES MONTE CASTELO / IES PERDOURO Santiago, 3 de Marzo.- O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) quere amosar o seu recoñecemento ós alumnos e profesores do IES MONTE CASTELO e do IES PERDOURO que acudiron a doar sangue ata a unidade móbil do CTG. Ó longo da xornada rexistráronse 35 doazóns de sangue efectivas,das que 21 foron doadores de primeira vez. A este amplio resultado hai que engadir as persoas que participaron e foron excluidas puntualmente por cuestións médicas. O Centro de Transfusión de Galicia agradece ós equipos directivos as facilidades no desenvolvemento da campaña, agradecemento que fai extensivo a alumnos e docentes Gracias á vosa solidaridade será posible realizar, 10 intervencións cirúrxicas , 1 transplante hepático, e obterse plasma utilizable en tratamentos de grandes queimados ou enfermidades crónicas. GRACIAS A TODOS NO NOME DOS ENFERMOS QUE RECIBIRON O VOSO SANGUE.