miércoles, 12 de marzo de 2014

RESUMO DOS ALUMNOS DA CHARLA SOBRE DOAZÓN

Con motivo do día internacional de doantes de órganos viñeron ó centro os amigos do centro de doazón de Galicia.
Eles contáronnos moitas cousas interesantes e as conclusións que  algún dos alumnos sacou foi a seguinte:

POR ANTONIO MARRUBE 3º ESO A
Cada ano morren centos de personas esperando un transplante. Por iso é necesario doar.
Só un 1 % de todas as persoas que morren son aptas para doar. Para poder ser doante tes que sufrir morte cerebral, significa que o cerebro non recibe suficiente sangue e osíxeno e por iso morre. Unha vez se lle diagnostica morte cerebral o paciente a oficina de coordinación e transplantes ponse en contacto coa familia da vítima, que é a que permite se lle transplanten os órganos a outras personas. En caso de que a familia se opoña, non se poderán transplantar os órganos da vítima aínda que esta sexa donante.
Unha vez que a familia o permita, a oficina de coordinacións e transplantes ponse en contacto coas personas máis próximas que necesiten un transplante, durante ese periodo os órganos podense manter vivos para evitar a súa degradación e que cheguen nas mellores condicións posibles ó paciente.
Os órganos son transportados ata os pacientes o máis rápido posible. Unha vez a persoa é transplantada, ten que tomar inmunodepresores unha medicación que inhibe os anticorpos do noso organismo, para evitar que ataquen o órgano, o recoñecelo como extraño.
Tamén se pode ser doante en vida, pero as doazóns son mais limitadas, xa que o doente precisa unha serie de órganos vitais.
Pódense doar os órganos que non sexa únicos coma un ril ou un pulmón.
A planificación e eficacia do sistema español de doazón e transplante fano o mellor do mundo, xa copiado noutros países.

No hay comentarios:

Publicar un comentario