miércoles, 29 de enero de 2014
CONCURSO DE CARTEIS E LOGOS
No Programa SALVAVIDAS do Plan Proxecta, participa alumnado de 3º de ESO, de 4º de ESO, de 1º de BAC e o alumnado de 2º curso do ciclo de Saúde ambiental.
O alumnado de Saúde ambiental realiza todos os anos unha campaña educativa de Promoción da Saúde enfocada para os alumnos de 2º da ESO, que este curso está dedicada a motivalos e conciencialos da importancia da DOAZÓN DE ÓRGANOS, fomentando a educación de ser doador altruista de organos e texidos.
Para traballar na preparación desta campaña crearon un blog: ENLACE ,no que pretenden ir recopilando noticias, audios, clips de video e outro material que lles sirva de axuda na preparación desta campaña, na que tamen colabora o alumnado do Bacharelato de Artes confecionando os carteis informativos da Charla-Exposición que terá lugar o día 6 e 7 de Marzo de 2014.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario