Con motivo do día internacional de doantes de órganos viñeron ó centro os amigos do centro de doazón de Galicia.
Eles contáronnos moitas cousas interesantes e as conclusións que algún dos alumnos sacou foi a seguinte:
POR ANTONIO MARRUBE 3º ESO A
Cada ano morren centos de personas esperando un transplante. Por iso é necesario doar.
Só un 1 % de todas as persoas que morren son aptas para doar. Para poder ser doante tes que sufrir morte cerebral, significa que o cerebro non recibe suficiente sangue e osíxeno e por iso morre. Unha vez se lle diagnostica morte cerebral o paciente a oficina de coordinación e transplantes ponse en contacto coa familia da vítima, que é a que permite se lle transplanten os órganos a outras personas. En caso de que a familia se opoña, non se poderán transplantar os órganos da vítima aínda que esta sexa donante.
Unha vez que a familia o permita, a oficina de coordinacións e transplantes ponse en contacto coas personas máis próximas que necesiten un transplante, durante ese periodo os órganos podense manter vivos para evitar a súa degradación e que cheguen nas mellores condicións posibles ó paciente.
Os órganos son transportados ata os pacientes o máis rápido posible. Unha vez a persoa é transplantada, ten que tomar inmunodepresores unha medicación que inhibe os anticorpos do noso organismo, para evitar que ataquen o órgano, o recoñecelo como extraño.
Tamén se pode ser doante en vida, pero as doazóns son mais limitadas, xa que o doente precisa unha serie de órganos vitais.
Pódense doar os órganos que non sexa únicos coma un ril ou un pulmón.
A planificación e eficacia do sistema español de doazón e transplante fano o mellor do mundo, xa copiado noutros países.
Mostrando entradas con la etiqueta CHARLAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CHARLAS. Mostrar todas las entradas
miércoles, 12 de marzo de 2014
jueves, 20 de febrero de 2014
CHARLA SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTES
O día 18 de Febreiro ven o noso Centro a experta da Oficina de Coordinación de transplantes de Galicia, Marta Alvarez Vázquez que nos falará sobre Doazón e transplantes os alumnos do programa Salvavidas, 3º de ESO, 4º de ESO, 1º de BAC e o alumnado de 2º curso do ciclo de Saúde ambiental.
lunes, 17 de febrero de 2014
ENQUISA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

